Mestres con dificultades de mobilidade tiveron que coller baixas polo retraso no inicio das obras
A comunidade educativa do IES Manuel García Barros lamenta que aínda non se comezara a construír o ascensor que a Xunta de Galicia anunciara que se ía instalar.
Tras anos solicitándoo, a antiga dirección recibiu o ano pasado a noticia de que se ía construir en setembro e os arquitectos xa foron ao centro, mais aínda non se licitou.
Comentan que hai alumnos lesionados e mestres que tiveron que coller baixas debido a que teñen problemas nos xeonllos e non hai aulas suficientes na planta baixa.
Ademais, engaden que aínda que no Pérez Viondi xa comezaron coas obras, eles non teñen ningún tipo de información sobre este elemento tan necesario.
Imaxe de portada: IES Manuel García Barros // O Xornal da Estrada

Deixar un comentario