Do 26 de febreiro ao 2 de marzo terá lugar a proba ciclista O Gran Camiño. A segunda etapa da ronda rematará na Estrada, nun circuíto con final esixente que podería marcar as primeiras diferencias entre os favoritos á xeral.
A carreira xa confirmou a algúns dos ciclistas que participarán. Un deles é o primeiro líder que tivo: Magnus Cort Nielsen, quen se impuxo ao sprint en Vigo no ano 2022.
Tamén haberá varios galegos, entre os que sobresae Carlos Canal, do Movistar Team, aínda que tamén estarán Delio Fernández (APHotels & Resorts / Tavira / SC Farense), Andrés Taboada, Ángel Sánchez e Lois de Jesús (Tavfer-Ovos Matinados-Mortágua).
Imaxe de portada: montaxe d’O Xornal da Estrada / Imaxes Uno-X / Movistar


Deixar un comentario