Un ascensor sen construír e un relevo no posto de presidente, noticias da semana

Un ascensor sen construír e un relevo no posto de presidente, noticias da semana

🌐Cousas do futuro

🚲 Os ciclistas estarán rodando durante dúas horas na Estrada

A organización fixo públicos os horarios.

🚲 O primeiro líder do Gran Camiño estará na Estrada

Magnus Cort Nielsen correrá O Gran Camiño. Tamén participarán galegos coma Carlos Canal ou Delio Fernández.

🛗 O ascensor do García Barros aínda non se comezou a construír

Xa pasaron 5 meses desde o inicio previsto das obras e algúns mestres tiveron que coller baixas por problemas de mobilidade que lles impedían subir escaleiras.

🫂 Xabier Camba deixa de ser o presidente da Fervenza de Ouzande

Substitúeo Noelia Bouzón.

🎙️ López Bueno lamenta que a Xunta incumprira os prazos da ampliación do Polígono de Toedo

Asegura que desde 2012 na Estrada perdéronse 204 empresas.

🎙️ VOX pide medidas ante os botellóns

Polo lixo que deixan tirado os participantes.

☎️ Manifestación no 112

Os traballadores demandan unha xestión pública.

📱 Actividades contra as adiccións nos mozos e mozas

Combateránse a traves dos hábitos saudables e do deporte.

💚 Cea solidadaria da Asociación Española Contra o Cancro

O 15 de marzo no Samaná.

🗑️ Retiran os colectores subterráneos de Castelao

Só quedan activos os de Justo Martínez.

👴 8 de marzo, Festa do Maior

No anexo do Coto Ferreiro.

🖌️ O rexurdir de Enrique Morales

Atopan unha pequena colección de cadros do pintor nas Casas Baratas.

🇨🇺 110 anos na Habana

Aniversario da fundación da Sociedade Fillos da Estrada.

1️⃣As matemáticas de Eduardo Sáenz de Cabezón

O presentador de Órbita Laika dou unha charla na Agasp.


Comentarios

Deixar un comentario