Rueda e Lugués recoñecen o final do Gran Camiño na Estrada

Rueda e Lugués recoñecen o final do Gran Camiño na Estrada

O xoves 27 rematará na Estrada a segunda etapa do Gran Camiño. Este domingo, Alfonso Rueda, Presidente da Xunta de Galicia; José López Campos, concelleiro de Lingua, Cultura e Xuventude, e Luis López ‘Lugués’, presidente da Deputación de Pontevedra, recoñeceron parte desa etapa, concretamente o circuito final.

Estiveron acompañados polo director da carreira, Ezequiel Mosquera, e polos exciclistas Álex Marque, Óscar Pereiro, Álvaro Pino.

Rueda comentou que “é unha maneira de promocionar o deporte en Galicia e tamén de promocionar a nosa terra”, pois a carreira retransmitiráse en máis dun cento de países – na última edición foron 170.

‘Lugués’ destacou que será unha etapa con “espectáculo asegurado”.

A etapa contará con tres pasos por meta: o primeiro será para comezar o circuíto final, que os levará ata Ponteliñares, Arnois, Ribeira – onde se coroará o alto de San Vicenzo (3ª categoría) – e Aguións; no segundo terán o sprint bonificable e co terceiro finalizará a etapa.

Perfil da segunda etapa do Gran Camiño // O Xornal da Estrada


Imaxe de portada: Xunta de Galicia

Comentarios

Deixar un comentario