O BNG organizou para este sábado un roteiro no que se visitarán varios puntos destacables do paso de Castelao pola Estrada.
Comezará ás 11.00h na Igrexa de Ouzande e pasaráse pola Torre de Guimarei, o Museo Manuel Reimóndez Portela, a imprenta do xornal El Emigrado, A Farola, a casa de Virxinia Pereira e a tumba de Virxinia Pereira e o seu fillo, a onde se chegará ás 13.00h para facer unha ofrenda floral.


Deixar un comentario