Sobre as 19.30h deste martes rexistrouse un choque na PO-841 ao seu paso polo Souto de Vea. Nel, unha persoa resultou ferida leve. Un dos vehículos estábase incorporando ao vial en dirección Santiago de Compostela cando o outro implicado, que circulaba en dirección A Estrada, bateu contra el.
A persoa ferida foi trasladada polo 061 ao Clínico de Santiago. Ata o punto do sinistro tamén se desprazaron efectivos de Emerxencias A Estrada, da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e Grúas Foxomotor.
Imaxe de portada: Vehículos sinistrados // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixar un comentario