“A Estrada é o prototipo de localidade perfecta para un evento coma este”

O Xornal da Estrada, en colaboración con Avituallamiento Ciclista, entrevistou a Ezequiel Mosquera, director do Gran Camiño, con motivo da chegada da segunda etapa da proba á Estrada.

Mosquera comentou que “A Estrada é o prototipo de localidade perfecta para acoller un evento coma este”, pois non é unha localidade nin moi pequena nin moi grande, polo que o ambiente que provoca a chegada dunha volta ciclista déixase notar en toda a vila.

Sobre o percorrido escollido, un circuíto ao que se lle darán dúas voltas e que contará co ascenso puntuable a San Vicenzo, asegurou que “é un circuíto moi chulo, con moita dificultade e que vai dar sorpresas” pese a non ser unha etapa de alta montaña e que o pelotón vai chegar “estirado” e “roto en mil anacos”.

Sobre a elección da Estrada como localidade que acolla a meta, explicou que se debeu a dous motivos: o primeiro, que “xogamos en casa”, pois Eme Sports, empresa organizadora, ten a súa nave no concello, e o segundo, “pola orografía” do concello, que permite facer etapas rompepernas.

Ademais, mostrou a súa confianza na Estrada: “fíome de que A Estrada vai estar a reventar de xente”, engadiu.

Tamén falou de como van ser o resto de etapas e expresou o seu desexo de manter os cinco días de competición, así como de ascender de categoría, pois o sistema de puntos da Unión Ciclista Internacional (UCI) provoca que os equipos prioricen clásicas dun día a voltas da mesma categoría por culpa de que o sistema está descompensado, algo que provocou que este ano vaia haber menos grandes nomes do pelotón internacional.

A entrevista completa pódena ver no vídeo que abre esta noticia.

Comentarios

Unha resposta a ““A Estrada é o prototipo de localidade perfecta para un evento coma este””

  1. Avatar de Emesports organizará a Volta a Portugal – Xornal da Estrada

    […] Mosquera asegurou que “asumir un desafio desta dimensión é, para nós, unha enorme responsabilidade, máis tamén un gran orgullo”. Engadiu que “a Volta a Portugal, pese a ser unha proba singular e con case un século de historia, foi perxudicado polo actual sistema de puntuación [das carreiras establecido pola Unión Ciclista Internacional]”, algo do que tamén ten falado como organizador do Gran Camiño. […]

    Gústame

Deixar un comentario