O Concello vai aprobar o vindeiro mércores nun pleno extraordinario o Plan de Acción Integrado (PAI) que se presentará para recibir ata 10 millóns de euros de fondos europeos. Faráse baixo o nome A Estrada do rural e dos servizos públicos e asentaráse en tres eixos.
O primeiro, “A Estrada Avanza”, céntrase no apartado social, coa construción do novo centro de Servizos Sociais no antigo edificio do INEM, no que se emprazarán as dependencias administrativas do departamento municipal, Atención Temperá, o Centro de Información á Muller (CIM) e o banco de alimentos. Calcúlase que custará uns 2,5 millóns de euros.
“A Estrada Impulsa” será o segundo eixo e vencellaráse aos apartados cultural e educativo. Proxéctase a rehabilitación do edificio da Casa da Música, onde se atopan as clases do conservatorio, A Estrada Dixital, Radio Estrada e as Aulas CEMIT.
As deficiencias enerxéticas, amais das acumuladas nos últimos anos, provoca que non reúna as condicións necesarias para o seu uso no día a día, polo que se pretende rehabilitalo para convertelo nun espazo funcional, seguro, accesible e que fomente o desenvolvemento musical e cultural. Destinaránse 1,5 millóns de euros.
Por último, o eixo que concentrará o 60% do investimento é “A Estrada Conecta”, adicado exclusivamente ao rural. Afectará a todas as parroquias e, polo menos, á metade dos 470 núcleos que ten o concello.
Nela melloraránse infraestruturas, especialmente as relacionadas coa mobilidade, a seguridade e a accesibilidade. Substituiránse as actuais cunetas por sendas peonís, canalizando as augas pluviais para drenar a vía. A esta actuación destinaránse 6 millóns de euros.
“Concibímola como unha primeira fase”
Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada
Destes fondos europeos, o 60% será reintegrado, mentras que o 40% restante será asumido con fondos propios do Concello.


Deixar un comentario