Máis de medio cento de persoas celebran o Día de Rosalía en Berres

Máis de medio cento de persoas celebran o Día de Rosalía en Berres

Máis de medio cento de persoas congregáronse no adro da igrexa de Berres para celebrar o Día de Rosalía nun acto no que Pilar Bernárdez, da Asociación O Recuncho da Lingua, leu o poema “Miña casiña, meu lar” e no que os rapaces e rapazas do CEIP do Foxo recitaron varios poemas de Rosalía de Castro. Ademais, os veciños da parroquia fixeron unha lectura colectiva da obra de Rosalía de Castro.

Ao remate, repartiuse o tradicional caldo de gloria, cuxa receita está inspirada no poema “Miña casiña, meu lar”. Foi preparado polo restaurante Río Liñares.

Desde O Recuncho da Lingua e desde a ASOCAC (Asociación Comarcal Audiovisual e de Comunicación) agradeceron a elevada participación e aseguraron que esta reafirma “a necesidade de seguir impulsando actos que manteñan viva a memoria e a palabra de Rosalía de Castro”.


Imaxe de portada: participantes no Día de Rosalía // cedida

Comentarios

Deixar un comentario