O prazo para anotarse no Entroido de Cuntis remata este venres

O prazo para anotarse no Entroido de Cuntis remata este venres

Este venres ás 13.30h pechará a inscripción de comparsas para o Entroido de Cuntis. Pódese facer presencialmente ou telemáticamente a través do correo omix@concellodecuntis.es.

O desfile celebraráse o 2 de marzo ás 11.00h. A mellor carroza será premiada con 400 euros. Ademais, haberá premios para as mellores comparsas, para os mellores grupos, as mellores parellas e o mellor disfrace individual. No caso das comparsas os premios serán de 500, 400, 300 e 200 euros; para os grupos de 250, 200, 150 e 100 euros; no caso das parellas de 110, 80, 65 e 50 euros e no dos disfraces infividuais, de 75, 60, 40 e 20 euros.

Comentarios

Deixar un comentario