Este xoves O Gran Camiño chega á Estrada cunha etapa rompepernas e cun circuíto final ao que se lle darán dúas voltas. Nese circuíto ascenseráse San Vicenzo, un duro porto de terceira categoría.
▶️ Directo
META | VICTORIA DE MAGNUS CORT NIELSEN

900m | Acelera Eric Fagundez.
ÚLTIMO QUILÓMETRO
1,2km | O PELOTÓN NEUTRALIZA A DECOMBLE
1,5km | O pelotón reduce a distancia con Decomble.
2,2km | Urko Berrade comeza a mellorar a súa posición.
2,5km | Decomble ten 10 segundos de vantaxe sobre o pelotón.
3,1km | O pelotón xa está en Aguións.
4,7km | Uno-X traballa para neutralizar a Decomble.
5,7km | ATACA MAXIME DECOMBLE
6,1km | O pelotón neutraliza o grupo de cabeza.
7km | A cabeza pasa por Paradela.
7,6km | SITUACIÓN DE CARREIRA:
- Cabeza de carrera
Rémy Rochas (GFC), Jefferson Cepeda (MOV), Derek Gee (IPT), Andreas Kron (UXM), Mauri Vansevenant (SOQ), Davide Piganzoli (PTV) - Pelotón (+8″)
9,8km | Comezan a caer algunhas gotas.
10,4km | A CABEZA XA COROOU SAN VICENZO
11,2km | En cabeza: Rochas, Gee, Vansevenant, Kron, Cepeda e Piganzoli
11,9km | Fórmase un grupo de 8 corredores.
12,3km | ATACA DEREK GEE (Israel)
13,2km | Fulgsang (Israel – Premier Tech) tensa o pelotón.
13,5km | COMEZA O ASCENSO A SAN VICENZO
14,2km | OS ÚLTIMOS QUILÓMETROS SERÁN UNHA LOITA POLA XERAL
Os equipos pelexan por ter unha boa colocación no inicio do porto.
15,6km | Movistar lidera o pelotón.
18km | Faltan catro quilómetros para comezar o ascenso a San Vicenzo e o pelotón xa neutralizou aos tres escapados.
19km | A piques de comezar o ascenso a San Vicenzo… e o pelotón vai neutralizar á cabeza de carreira.
23,3km | A carreira pasa polo Pazo de Oca.
23,8km | O pelotón achégase á cabeza de carreira. Está a 17 segundos.
26,9km | O pelotón neutraliza a Cañellas.
27,5km | O Kern Pharma comeza a tirar no pelotón.
28,3km | Ataca Xabier Cañellas (Anicolor) desde o pelotón.
32km | O pelotón continúa recortando tempo. A distancia respecto á cabeza é de 35 segundos.
35,7km | ANDER OKAMIKA, O PRIMEIRO EN PASAR POLO SPRINT DA ESTRADA
O segundo foi Rémy Daumas e o terceiro, Álvaro Sagrado.
38,2km | O paso pola meta será un sprint bonificable.
39km | SITUACIÓN DE CARREIRA
1- Cabeza de carreira: Rémy Daumas, Ander Okamika e Álvero Sagrado Pérez
2- Pelotón (+57″)
40km | EN BREVES VOLVERÁN A PASAR POLA ESTRADA
Agora mesmo están en Trasmonte.
41,8km | Ander Okamika continuará como líder da montaña tras coroar primeiro San Vicenzo.
Clasificación en San Vicenzo:
1- A. Okamika (3 puntos)
2- A. Sagrado Pérez (2 puntos)
3- R. Daumas (1 punto)
45,6km | O pelotón coroa San Vicenzo a 1′ 20″ do pelotón.
46,7km | A cabeza coroa San Vicenzo.
48km | O pelotón está recortando a distancia coa cabeza de carreira.
48,4km | O pelotón chega ao inicio do porto. Israel está tensando a carreira.
49,3km | A CABEZA DE CARREIRA COMEZA O ASCENSO A SAN VICENZO
50,7km | En breves a cabeza de carreira comezará a ascender San Vicenzo.

54,7km | En breves chegarán a Arnois.
60km | O pelotón xa fixo o primeiro paso por meta.

75km | Xa case están na Estrada!!!
78km | Xa están no Castro Loureiro. A caravana xa pasa pola Estrada.
83km | O pelotón está chegando a Cuntis.
14.54h | ASÍ SERÁ O PRIMEIRO PASO POLA ESTRADA.
Chegarán desde Matalobos, baixarán aos institutos, continuarán por Figueiroa, subirán por San Paio ata Leicures e chegarán á Farola desde a Porta do Sol.
Despois, baixarán por Pérez Viondi e continuarán pola N-640 dirección Lagartóns.

95km | Xa pasaron por Caldas de Reis. A seguinte localidade será Cuntis.
103km | O PELOTÓN ACHÉGASE A CALDAS DE REIS
Xa pasaron polo sprint de Moraña.
Resultados sprint:
1 – 77 Ander Okamika (BBH) – 5 pt (+ 3”)
2 – 177 Alvaro Sagrado Perez (IBA) – 3 pt (+ 2”)
3 – 6 Rémi Daumas (GFC) – 1 pt (+ 1”)
109,1km | PASO POR SAN ANTONIÑO:
1 – 77 Ander Okamika (BBH) – 3 pt
2 – 6 Rémi Daumas (GFC) – 2 pt
3 – 177 Alvaro Sagrado Perez (IBA) – 1 pt
Estes tres corredores forman a escapada e avantaxan ao pelotón en máis de 2 minutos.
| CORÓASE SAN ANTONIÑO
3 ciclistas en cabeza.
116,4km | Comeza a ascensión a San Antoniño (3ª)
14.00h | SAÍDA REAL
O pelotón xa está en marcha!
13.54h | Ás 13.30 douse a saída neutralizada
13.28h | PECHAN A CIRCULACIÓN PARTE DE ANTÓN LOSADA
Para acoller aos autobuses.
13.27h | ASÍ ESTÁ A ESTRADA AGORA
8.14h | QUE DEBES SABER DA ETAPA?
Na seguinte noticia atoparás os horarios, o percorrido e os líderes da carreira.
8.00h | ACTIVAS NOVAS RESTRICCIÓNS AO TRÁFICO

Moi bos días! Arrancamos un seguemento especial polo final da segunda etapa do Gran Camiño na Estrada.
Desde esta hora está prohibido parar e estacionar na rúa Leicures, no tramo de Antón Losada comprendido entre as rúas Pintor Maside e 56 e na zona de carga e descarga do Novo Mercado. Isto súmase ás xa vixentes no aparcadoiro de Capitán Bernal e nas rúas que xa están cortadas ao tráfico: 56, Pérez Viondi, Peregrina e Don Nicolás. Ademais, ao longo da mañá continuaráse restrinxindo a ciruculación.
Poden atopar toda a información na seguinte noticia:
A chegada á Estrada do Gran Camiño condicionará a circulación e o estacionamento en gran parte do casco urbano
As restriccións comezarán o mércores


Deixar un comentario