Juan Mari Guajardo, speaker do Gran Camiño, mostrou ao Xornal da Estrada e a Avituallamiento Ciclista as súas impresións tras finalizar a segunda etapa da carreira.
Asegurou que esta foi unha etapa “por e para o espectador” e lembrou a presenza entre o público do alumnado do Lourdes. Cre que “xa vimos detalles” en canto á clasificación xeral, destacando a ciclistas como Derek Gee, Rémy Rochas e Jefferson Cepeda.
Preguntado por posibles favoritos, comentou que “o bo desta carreira é que non teñamos un gran dominador” como foi Jonas Vingeegard as dúas últimas edicións. Non se atreveu a dar un claro favorito, pero si que desexou que se recupere Carlos Canal, pois nas cronos do Gran Camiño “sempre fixo un bo papel”.
Imaxe de portada: Paso do pelotón pola Estrada // O Xornal da Estrada


Deixar un comentario