Politicando. Así se chamará o espazo de opinión política semanal que porá en marcha O Xornal da Estrada.
Nel, un membro dalgún dos partidos políticos con representación no pleno do Concello ofrecerá a súa opinión sobre algún tema que afecte ao concello. Cada semana corresponderálle a un partido, o que permite que todos os partidos poidan facer, polo menos, un artigo por mes.
Publicaráse os sábados á tarde, estreándose o 15 de marzo.


Deixar un comentario