Ricardo Terceiro, da organización do Gran Camiño, fixo a este medio unha pequena valoración sobre a segunda etapa do Gran Camiño.
Comentou que foi como a tiñan previsto, sendo unha especie de “clásica holandesa, de clásica belga con ese muro en Ribeira onde se supoñía que ía quedar moita parte do pelotón descolgado” e que quedarían uns 20 ciclistas para desputar o final da etapa. Lembrou que apostara para a victoria de etapa por Magnus Cort Nielsen ou polo seu compañeiro Andreas Kron ou polo ciclista do Movistar Jefferson Cepeda. Finalmente, gañou o primeiro.
Engadiu que “desde o punto de vista das imaxes é espectacular. A min pareceume como se estivera en Bélxica” desde o punto de vista do ciclismo e asegurou que “estou seguro de que os estradenses van quedar moi contentos co que viron a través da televisión”.
Para a etapa deste venres prevé que queden dez ciclistas na loita pola xeral. Amais, “o gañador sairá da etapa do Cebreiro”, que se celebrará o sábado e que, segundo as súas previsións, sairá dos dez ciclistas que queden este venres. Despois, o domingo habería un control por parte do equipo do líder para evitar calquera cambio no liderato.
Imaxe de portada: Magnus Cort Nielsen celebra a victoria de etapa na Estrada / SprintCycling


Deixar un comentario