Rosa Ferreira, “o faro que sempre nos vai guiar”

Chámase Rosa Ferreira Castro, durante 23 anos foi directora do CEIP do Foxo e este 2025 foi galardoada co Premio Honorífico ao Labor das Mulleres, varios meses despois de xubilarse.

O xurado foi unánime á hora de elixir a candidatura presentado pola Anpa Alecrín, a do centro que ela dirixiu durante tantos anos. Na candidatura definíase a Ferreira coma “a luz que alumea. O faro que sempre nos vai guiar”.

Ao centro chegou en 1991, tras exercer a labor de mestra nos CEIP Ramón de Valenzuela (A Bandeira, Silleda), Plurilingüe Varela Buxán (Cercio) e Manuel Vidal Pondal (Pontevedra) e en Catoira. En total foron 44 anos como mestra e 23 sendo directora do CEIP do Foxo.

Como directora, promoveu o galego e as bibliotecas escolares, creou unha pinacoteca, organizou múltiples eventos e conseguiu que persoeiros de renome visitaran o centro.

O acto de entrega do galardón está programado para o 7 de marzo ás 20.00h no MOME, nun acto ao que poderá asistir quen así o desexe.

Comentarios

Deixar un comentario