O Concello planifica melloras na Carballeira Municipal

O Concello planifica melloras na Carballeira Municipal

O Concello da Estrada realizará melloras na Carballeira Municipal co obxectivo de poñer en valor dito espazo para desfrutar do tempo libre. As obras prevése que comecen no verán para evitar atrancos e terán unha duración duns dous meses.

Eliminaráse a zona de asfalto que permite aos vehículos adentrarse no espazo, gañando así espazo para o paseo. Construiránse dúas zonas de paseo nas que se empregará xabrecemento, material de fácil integración e de durabilidade axeitada. Ademais, realizaránse rozas.

O custo da obra supera os 8700 euros, incluídos nos fondos do Plan de Compensación Medioambiental.

A zona da Carballeira é de gran importancia, pois nos seus arredores atópanse os institutos públicos e o CIAE-112 e son moitos os estradenses que empregan o espazo como unha zona para o ocio e para a práctica deportiva.


Imaxe de portada: Carballeira Municipal do Concello da Estrada // cedida

Comentarios

Deixar un comentario