A mellor hamburguesa de Galicia é estradense

A mellor hamburguesa de Galicia é estradense

No mundo da arte o Neoclásico é un dos estilos que leva por bandeira o minimalismo; no caso das hamburguesas éo a Madrineta do Argentinos Burguer. Unha Madrineta que vén de recibir o Premio á Mellor Hamburguesa de Galicia.

Esta cheeseburguer cuxos únicos ingredientes son pan, carne de vaca e queixo americano conseguiu conquistar as papilas gustativas do xurado do V Campionato de España de Hamburguesas, e iso que na presentación deste manxar desde Argentinos Burguer aseguraban que se presentaban “co máis difícil, o imposible”.

A Madrineta non conseguiu alzarse como a Mellor de España, como fixera a Ols School un ano antes, pero si ser “a mellor cheeseburguer que comerás na túa vida”, polo menos a nivel galego.


Imaxe de portada: Montaxe de Gonzalo Pose, de Argentinos Burguer, coa Madrineta // O Xornal da Estrada / V Campeonato de España de Hamburguesas

Comentarios

Deixar un comentario