Na tarde deste mércores Concello e Hostaleiros da Estrada compartiron unha mesa de traballo para preparar unha nova edición das Santas Tapas, que se celebrarán coincidindo coa Semana Santa.
Prevése a participación de 29 establecementos do casco urbano, unha das cifras máis altas das últimas edicións e intentaráse continuar aumentando a atracción de público foráneo. Ademais, estáse valorando que as tapas mesturen o mellor da cociña tradicional con suxestións propias de cociña de fusión.
En canto ás datas, as xornadas de degustación arrancarán o mércores, 16 de abril, á tarde rematarán o domingo 20. Nos vindeiros días presentaráse a cartelaría promocional.
Imaxe de portada: reunión do Concello con Hostaleiros da Estrada // cedida


Deixar un comentario