Desde o 1 de marzo o Punto Limpo atópase pechado para realizar melloras nas súas instalacións, que se prevé que comecen de inmediato. Ademais, fixéronse co cambio de empresa adxudicataria, que pasará a ser Coregal.
Óscar Durán, edil de Medio Ambiente, comentou que son necesarias melloras na seguridade, posto que se rexistraron roubos e conatos de incendio. Porén, instalaránse cámaras de seguridade e sensores de alarma.
Ademais, realizaránse cambios no sistema do Punto Limpo para axustarse á nova normativa vixente. A partir da reapertura, os usuarios deberán identificarse antes de introducir o material e existirá un número máximo de quilos para depositar, pois detectouse unha cantidade de escombro elevada que aumentaba a factura a pagar.
Durán lembrou que “o Punto Limpo é para particulares” e as empresas, segundo a lexislación, teñen que buscar alternativas para depositar os refugallos sen acudir a espazos adicados aos refugallos domésticos e calculou que a factura que paga o Concello reduciráse dos 180.000 aos 150.000 euros.
En canto a horarios, precisou que manterán os horarios previos ao peche: xoves e venres de 9.00 a 13.00h e sábados de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 17.00h. Tamén comentou que se avisará coa debida antelación da reapertura.
Deixar un comentario