O Concurso de micropoemas e microrrelatos xa ten os seus gañadores

O Concurso de micropoemas e microrrelatos xa ten os seus gañadores

O xurado do XII Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada xa seleccionou aos gañadores da presente edición entre os máis de 200 textos finalistas. A reunión produciuse no CEIP Pérez Viondi e nela participaron os representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concello.

Como cada ano, as composicións teñen que empregar palabras relacionadas coa persoa ou persoas ás que se lle adican as Letras Galegas, este ano as cantareiras. Os microrrelatos conteñen a palabra “pandeireta” e os micropoemas, “pobo”.

Ademais, procedeuse á selección dos debuxos que ilustrarán o libro no que se recollerán os textos gañadores e que se publicará coincidindo coa celebración da Festa das Palabras a finais de maio.


Imaxe de portada: xurado do certame // cedida

Comentarios

Deixar un comentario