As feiras de Oportunidades de Comercio e de Antigüidades foron presentadas este xoves. Celebraránse conxuntamente desde este venres e ata o vindeiro domingo. Na presentación participaron Óscar Durán, concelleiro de Promoción Económica, Alfredo González, Presidente da ACOE e Patricia Magariños, Xerente da ACOE.
González destacou que son dúas feiras xa asentadas que permiten ás tendas liquidar os excedentes e que funcionan incluso nos anos de crise.
Pola súa banda, Durán puxo en valor que os visitantes atoparán unha gran variedade de produtos repartidos nun espazo de 6000m2.
Ambas feiras abrirán as súas portas este venres ás 16.00h e poderánse visitar ata o domingo. A inauguración será unha hora despois de abrir por primeira vez e nela estarán o director Xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, a deputada de Infraestruturas Públicas e Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Belén Cachafeiro e a vogal da Cámara de Comercio de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, Lucía Pedroso.
O sábado de 17.00 a 19.30h e o domingo de 12.00 a 13.00h e de 17.00 a 19.30h estará aberto un parque infantil patrocinado polo Concello, ao que poderán acceder todos os visitantes e cuxo uso será gratuíto. Atoparáse no pavillón 2.
Ademais, o sábado ás 18.00h e o domingo ás 20.00h celebraránse sorteos no pavillón número 5. As bases están dispoñibles na web da Feira do Moble.
En total participarán 50 firmas expositoras, 23 na Feira de Oportunidades e 27 na de Antigüidades. A primeira ocupará os pavillóns 4 e 5, mentras que no sexto estarán as antigüidades.
Imaxe de portada: presentación da fin de semana feiral // cedida


Deixar un comentario