Este luns pechou o prazo para presentar solicitudes para as axudas da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia para mellorar as instalacións das asociacións veciñais do rural. En total presentáronse 52 solicitudes, 40 para as da Deputación de Pontevedra e as 12 restantes para as da Xunta de Galicia.
Aos 10.000 euros provinciais optan asociacións veciñais e de mulleres rurais de Cereixo, Santo André de Vea, Santa Mariña de Barcala, San Xurxo de Vea, Lamas, Frades, San Miguel de Barcala, Matalobos, San Xiao de Vea, Baloira, Santeles, Moreira, Liripio, Paradela, dúas asociacións de Callobre, Tabeirós, Nigoi, Ribeira, A Somoza, San Miguel de Castro, Guimarei, San Pedro de Ancorados, Santa Cristina de Vea, Remesar, Loimil, Orazo, Pardemarín, Arca, Parada, Ribela, Vinseiro, Arnois, Toedo, Agar, Berres, Ouzande ou San Pedro de Ancorados.

Mentras, optaron polos 12.000 euros autonómicos as asociacións de Santo Tomé de Ancorados, Frades, San Xurxo de Vea, Tabeirós, Cereixo, Rubín, Pardemarín, San Xiao de Vea, Paradela, Arca e Santa Mariña de Barcala.
Aínda que se repiten parroquias, en ningún caso se corresponde ao mesmo proxecto, algo que non estaba permitido. En moitos casos as solicitudes foron para realizar melloras nos locais sociais, aínda que tamén existe un importante número de solicitudes orientadas a melloras de equipamento.
Imaxe de portada: local social de Tabeirós tras a reforma (2024) // cedida

Deixar un comentario