Reices critica que se destinen fondos ás zonas axardinadas cando “hai máis de 30 familias en lista de agarda do SAF”

Reices critica que se destinen fondos ás zonas axardinadas cando “hai máis de 30 familias en lista de agarda do SAF”

Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada, lamentou que se destinen 140.000 euros ao mantemento de 7 zonas axardinadas do concello, entre o que se inclúe a instalación dun photocall na Alameda co nome do concello, que se podería iluminar con luces LED.

O nacionalista argumentou que “é unha indecencia gastar 140.000 euros en xardíns, cando hai máis de 30 familias en lista de agarda do servizo de axuda no fogar; son máis de 30 persoas dependentes que precisan dun servizo que o concello non lle dá, por que ‘disque’, non hai cartos”, ao que lle sumou o estado dos viais no rural.

Por iso pediulle a Gonzalo Louzao “que adique os seus esforzos a cuestión máis importantes para o día a día dos veciños e veciñas da Estrada; xa abonda de políticas cara para a galería, mentres ten as necesidades vitais da veciñanza abandonada”.


Imaxe de portada: Xoán Reices // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario