Estas son as tapas que participarán nas Santas Tapas

O Concello da Estrada e a Asociación de Hostaleiros da Estrada xa teñen todo listo para as Santas Tapas, que se celebrarán do 16 ao 20 de abril. En total serán 22 os establecementos que participarán na iniciativa. Servirán as tapas en horario matutino de 12.30 a 15.00h e en horario vespertino de 20.00 a 22.00h, excepto o primeiro día, que só o farán en horario vespertino. Ademais, se así o desexan, os diferentes establecementos poderán ampliar os horarios nos que se serven as tapas.

As tapas serán as seguintes:

  • Tapa (A Riala Taberna)
  • Chourizo Fusión (Bar Andalucía)
  • Presa ao forno con salsa de laranxa e mel (O Café de Xulia)
  • Brioche de Txangurro (Cafetería Central)
  • O almorzo do Mesón (O Mesón da Estrada)
  • Timbal de pataca (A Resistencia)
  • Timbal de cous cous con polo chipotle (A Lacena de Chucha)
  • Esfera crocante de lagostino (O Candil de Silvia)
  • Montadito de suquet de gmaba de Huelva con redución (Samaná)
  • Brioche de carne en salsa inglesa (20 Berzas)
  • Sabores de terra (Scala)
  • Tartaleta de black angus con queixo (O Florida)
  • Bocado de carrilleira (A Casa do Lagoeiro)
  • Porquiño Viaxeiro (Bar Enredo)
  • Vieira dos Arrieiros (As 3 Portiñas
  • A Chipicata (A Bodeguiña)
  • Café de mojito (Salvaxe)
  • Brocheta de tenreira e pacenta con dátiles á pementa (Malo Será)
  • Ruliños do Lar (Tapería O Lar)
  • Bomba de merluza (Bar Oasis)
  • Gyozas de lagonstino (Velis Nolis)
  • Italia en Galicia (Eureka)

A tapa custará tres euros, aínda que os mozos e mozas de entre 18 e 25 anos pódense acoller á Tapa Xove, co que pagarán a metade. Para iso, é necesario que acudan ás oficinas da ACOE para retirar unha cartilla, previa identificación. Só é válida para a primeira tapa que se consuma en cada establecemento.

Ademais, entre os que completen as catro rutas sortearánse 1.000 euros. Degustar algunha das tapas tamén pode ter premio e a organización atópase barallando as diferentes posibilidades. En canto aos establecementos, serán galardoados os que teñan a mellor tapa tradicional, a mellor tapa da categoría de innovación e a mellor tapa presentada.

Comentarios

Deixar un comentario