Martinho deixa a 2000 persoas sen luz e un regueiro de incidencias

Martinho deixa a 2000 persoas sen luz e un regueiro de incidencias

Os efectos da borrasca Martinho, que deixou refachos de vento de ata 112km/h na estación de MeteoGalicia en Forcarei, deixáronse notar en todo o concello da Estrada.

Entre as 6.45 e as 8.00h deste xoves uns 2.100 veciños estiveron sen subministración eléctrica. Emerxencias A Estrada tivo que intervir por mor de dous postes tirados, un en San Xorxe de Cereixo e outro en Oca.

Tamén tiveron que cortar dúas arbores en Pardemarín, Liripio e Matalobos, nesta última parroquia un estaba sobre o tendido de telefonía e rompeu o poste e o outro estaba sobre o tendido de UFD, e unha árbore en Santeles, Curantes, Olives, Moreira, Berres e Ribeira, esta última estando sobre un tendido de UFD. En Toedo caeron cables de telefonía sobre a EP-7004.

A Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea procedeu a retirar tres mimosas na Estrada de Paramá a Calvelo.

No casco urbano os fortes refachos de vento tombaron varios colectores da recollida selectiva de plástico, chegando a dificultar o tránsito dos peóns polas beirarrúas.


Imaxe de portada: Contedores tombados sobre a beirarrúa da rúa Iryda // cedida

Comentarios

Deixar un comentario