Concello e INE discrepan en 119 habitantes

Concello e INE discrepan en 119 habitantes

O último dato do INE mostra que A Estrada conta con 20.109 habitantes, aínda que desde o departamento de Reto Demográfico comentan que, segundo os seus datos, a cifra sería de 20.222, 119 máis ca os indicados polo organismo estatal. O responsable do departamento, Manuel Magariños, indicou que “esta diferenza é habitual en procesos de revisión anual e require unha análise específica antes do peche definitivo do censo oficial” e anunciou que presentarán unha alegación.

Ademais, ofreceron unha análise do período 2023-2024, no que se produciu un aumento de 52 persoas en 2023 e un descenso de 5 en 2024, polo que se amosa unha tendencia cara a estabilización. A chegada de persoas continúa a ser fundamental á hora de manter o número de habitantes, pois o número de falecementos é máis do dobre ca o de nacementos (264 fronte a 101 en 2024).

Comentarios

Deixar un comentario