Este sabado o Pavillón Manuel Coto Ferreiro congregará a 70 xogadores de bádminton de toda a comunidade para a celebración do Campionato Galego Absoluto de Bádminton. A competición comezará ás 9.00 e prevése que se alongue ata ás 20.00h.
Representando ao Club Bádminton da Estrada estarán Iziar Barcala, Rubén Comerón, Raquel Miguéns, Alejandro Penas e Pedro Rey. Esta tempada o club local regresou á Liga Nacional, competindo en Segunda Nacional e coa mirada posta en ascender a Primeira Nacional de Bronce.

Deixar un comentario