Levantan 217 actas previas á ocupación dos terreos polos que pasará a AG-59

Levantan 217 actas previas á ocupación dos terreos polos que pasará a AG-59

Este xoves rematou o levantamento de actas previo á ocupación dos terreos para a construción do segundo treito da AG-59, que levará a autovía desde Pontevea ata O Rollo (Santa Cristina de Vea). En total levantáronse 217 actas, rexistrándose a incomparecencia de 20 dos propietarios afectados.

Todos os propietarios foron citados para o 26, 27, 28 e 29 de maio, datas para as que está fixado o levantamento das actas de ocupación, coas que coñecerán o prezo das parcelas. A data da citación atoparána na mesma carta que recibiron para a primeira comparecencia. Se o propietario non queda conforme coa valoración, terá un prazo para presentar unha valoración alternativa e, no caso de non chegar a un acordo, será o Xurado de Expropiacións de Galicia o que marque a cifra final.

Como representante do Concello estivo Amalia Goldar. Produciuse algún caso de propietario que, por incidencias de índole postal, non recibiu ningunha notificación pero si que veu in situ as estacas que marcan a zona afectada.


Imaxe de portada: // cedida

Comentarios

Deixar un comentario