Manuel Magariños, edil de Novas Tecnoloxías, animou aos xoves do Concello a participar no concurso Xuventude en E-Maxes da Deputación de Pontevedra. Nel hai dúas categorías: Espazo Deputación e Espazo Concellos, para os mozos e mozas de entre 15 e 35 anos residentes na provincia e Recursos dos Concellos, para os centros de educación primaria e secundaria.
Na primeira categoría entregaránse 300 euros por cada portada gañadora, mentras que na de Recursos dos Concellos elixiránse 61 imaxes que representarán a cada concello da provincia e, despois, un xurado elixirá as tres mellores da provincia, recibindo 650 euros a gañadora, 450 a segunda e 300 euros a terceira.
O prazo de presentación abrirá o 1 de abril e rematará o 30 de maio.


Deixar un comentario