Lago e López reclaman a instalación de máis marquesiñas: “hai nenos e nenas que deben esperar á chuvia para ir á escola”

Lago e López reclaman a instalación de máis marquesiñas: “hai nenos e nenas que deben esperar á chuvia para ir á escola”

Amalia Lago e Belén López, concelleiras do PSOE na Estrada, reclamaron a instalación de máis marquesiñas tanto no rural coma no casco urbano.

Lago valorou como “francamente mellorable” a situación das marquesiñas e engadiu que hai demandas para colocalas nalgúns puntos porque “hai nenos e nenas que deben esperar á chuvia para ir á escola”.

Lamentou que o goberno que encabeza Gonzalo Louzao “só funcione a base de presión dos veciños e veciñas e tamén dos grupos políticos” e puxo como exemplo o caso da parroquia de Ribela onde “tiveron que pasar anos de reclamacións dos veciños e veciñas, de escritos e de intervencións no pleno por parte do Grupo Municipal Socialista para conseguir algo tan normal como que os cativos e cativas non esperen o autobus á choiva”.

A socialista comentou que “nin sequera na zona dos institutos hai marquesinas suficientes e en bo estado onde se poidan resgardar os
cativos e cativas”, mesma situación que se atopan nas avenidas de Pontevedra e Fernando Conde.

Belén López suxeriu que se coloquen na avenida Benito Vigo e na avenida de Santiago á altura do Invictus, zonas nas que tampouco se poden resgardar os usuarios, “aínda que haxa que desprazar as paradas uns metros”.

Ademais, criticaron que o Concello gaste 10.000 euros en cada banco da Farola ou vaia a instalar un photocall na Alameda “pero non hai 12.000 euros para unhas marquesinas que resolven problemas de todos os días”.


Imaxe de portada: marquesiña na zona dos institutos // O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario