Este sábado o MOME acolle os actos de celebración do décimo aniversario de Actual Comunicación.
Entre as 9.45 e as 10.45h terá lugar unha mesa redonda sobre a evolución da comunicación e o influxo das redes sociais nos últimos anos. Moderaráa Nerea Couceiro, xornalista do Faro de Vigo e participarán Laura Filloy, xornalista de GCiencia, Pablo García, locutor en Radio Estrada, Bea Rodríguez, de Skarletmedia e Chus Aldariz, de Dualwebmedia.
Ao remate desta, comezará outra sobre emprendemento feminino no eido local, moderada pola xornalista Ana Cela e coas intervencións de Verónica Barros (Barros Psicología), Jeanette Valiñas (Pintaletras), Eva Fernández (Estudio Klec) e Sofía Mosteiro (Absolute).
Tras unha pausa duns 15 minutos, ás 12.00h será o turno de falar de como a pandemia visualizou a necesidade de comunicar a través das redes sociais. Participarán Silvia Alende e Lorena Penas, de Actual Comunicación e Antonio Chao, da pastelería Mimela.
Por último, entre as 12.30 e as 13.30h trataráse o futuro da comunicación dixital con Marta Pastoriza (Lingua trabada), Marina Rivas (Moira Creativa), Nuria Garrido (Konachadas) e Pablo Vázquez (Atalaya). Moderará a charla Pablo Chichas.
Tras isto, faráse entrega dos I Premios Rebumbio á Comunicación Dixital Local. Pode coñecer aos nominados a través das enquisas que publicamos neste medio.
Imaxe de portada: // Imaxes: IA / Montaxe: O Xornal da Estrada


Deixar un comentario