A Igrexa tamén se nega a restaurar a imaxe de Santa Mariña de Ribela

A Igrexa tamén se nega a restaurar a imaxe de Santa Mariña de Ribela

Os veciños de Ribela lamentaban hai uns días que a Igrexa non ía restaurar o Hórreo do Cura, que corre o risco de derrubarse pola falta de mantemento, debido a que son necesarios 25.000 euros.

Este domingo o cura falou con algunhas feligresas para trasladarlles que a Diócese non vai asumir os custos da restauración da imaxe de Santa Mariña, patroa da parroquia, aínda que se prometera que se ía facer. Comentan que “en Santiago non aceptan o presuposto porque lles parece insuficiente! e iso que íbano a pagar elas!” e avanzaron que pedirán explicacións.


Imaxe de portada: Igrexa de Ribela

Comentarios

Deixar un comentario