Desde o IES Antón Losada Diéguez
Este martes o IES Antón Losada Diéguez acolleu un programa especial polo 30º aniversario de Radio Estrada, no que participaron Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada, Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística e alumnado do centro.
Pablo García, condutor do programa, centrou as preguntas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). O alcalde asegurou que “Estou convencido de que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible están moi lonxe de seren algo alleo ao ámbito municipal” e lamentou que, pese a ser a administración próxima ao cidadán, “os nosos recursos quedan sempre escasos para uns servizos cada vez máis crecentes. Aínda así, todos estes obxectivos tan grandes poden ter unha aplicación, obviamente a escala, no eido local e figuran na folla de ruta do Concello”.
Despois gravouse unha nova edición de Onda ODS, unha iniciativa que pretende achegar as problemáticas relativas á Axenda 2030 ao alumnado de 16 centros educativos de Educación Secundaria de catro comunidades autónomas diferentes, entre os que se atopan os IES Antón Losada Diéguez e Manuel García Barros.
Imaxe de portada: Louzao e García durante o programa // cedida


Deixar un comentario