O 1 de abril de 2014 comezaba a funcionar nas rúas Justo Martínez, Iryda, Castelao, San Antón e Manuel García Barros o sistema de estacionamento rotatorio con horario limitado, máis coñecido como Zona Azul. 11 anos despois, xa se distribuíron máis de 20.000 discos horarios e 400 tarxetas de residentes, que permiten aparcar nas zonas verdes.
“Once anos despois de que se puxera en marcha, a xente demanda máis rúas con zona azul”, avanzou Óscar Durán, concelleiro de Promoción Económica. Comentou que rápidamente demostrouse a efectividade deste sistema: “Neses primeiros días as reticencias dalgunha xente quedaron xa superadas porque se vía comohabía rotación nas prazas dispoñibles e como a xente entendía o funcionamento parafavorecer a existencia de prazas para aparcar cando queren facer uso da zona comerciale de servizos máis céntrica da capital estradense”.
A esas cinco rúas inaugurais sumáronse Waldo Álvarez Insua, Padrón e un tramo da Avenida de América, na parte que antigamente era Capitán Bernal. En total son 200 prazas nas que un vehículo non pode estar estacionado durante máis dunha hora e media dentro do horario de funcionamento da zona.
Esta limitación horaria non existe na zona verde, na que só poden estacionar os residentes na contorna, sendo necesario deixar a tarxeta nunha zona visible.
Durán explicou que “o bo funcionamento deste sistema de aparcamento fixo tamén que as multas, que lóxicamente aínda as hai, se reduciran tamén considerablemente”. Sobre a posible extensión deste sistema a máis zonas, comentou que se pretende levar a cabo á vez que se humanizan as rúas.
Deixar un comentario