Este domingo Ribela celebrará a Festa Gastronómica do Xabaril. Será na igrexa da parroquia e contará cunha comida ofrecida por Valenciaga Catering, un bochinche da Comisión de Festas e coa música do dúo Arco Iris.
Os asistentes poderán comer carniñas mexicanas de xabaril, polbo á feira, xabaril guisado al estilo de Pilar con pataquiñas e guarnición e torta de Santiago. O menú tamén inclúe café de pota.
As entradas custan 25 euros, excepto para os rapaces de entre 3 e 11 anos, que custará 12,5 euros. Poden adquirirse ata o xoves no Café-Pub Camiño da Geira de Codeseda, no Bar O Panadeiro, en calquera establecemento do grupo Valenciaga ou a través dos membros da peña O Colmillo.


Deixar un comentario