Operarios municipais colocaron bandas de goma coa finalidade de facer máis segura a saída do aparcadoiro do Teatro Principal. Esta medida súmase ao pintado xa realizado dun paso de peóns sobre a beirarrúa para remarcar que se transita por ela e que os peóns teñen prioridade. Ambas medidas foron propostas pola Policía Local.
Imaxe de portada: bandas instaladas // Xornal da Estrada


Deixar un comentario