Este xoves uns 350 alumnos de diferentes centros educativos da Estrada participaron no Día da Actividade Física na Rúa. Procedentes dos IES Manuel García Barros – o centro que máis alumnado aportou -, Antón Losada Diéguez e Avelina Valladares, dos CEIP de Oca, do Foxo, Figueiroa, Pérez Viondi e Villar Paramá e do NS Lourdes, os rapaces e rapazas tiveron unha clase de Educación Física na rúa.
Comezaron ás 11.00h e ás 12.00h xuntáronse todos na Praza do Concello para realizar unha coreografía conxunta.
Esta iniciativa apareceu como unha reclamación para que o alumnado conte cunha hora máis de Educación Física no horario lectivo.
Imaxe de portada: alumnado participante // cedida


Deixar un comentario