A Festa do Salmón contará con máis hostaleiros participantes

A Festa do Salmón contará con máis hostaleiros participantes

O domingo, 18 de maio terá lugar a Festa do Salmón, que celebrará a primeira edición tras chegar ás 50. Unha das novidades será a súa celebración nunha carpa que se instalará no Concello nos días previos, para así achegar a festividade á parte institucional, coa entrega dos Salmóns de Ouro.

Ademais, as racións serviránse de forma individualizada a un prezo de catro euros, para así evitar posibles contaminacións alimentarias que se podían producir co sistema de bandexas. Ademais, esta medida axudará a mellorar a estética.

Na primeira reunión organizativa xa confirmaron a súa presencia 12 establecementos, coa posibilidade de que se apunten máis, polo que estamos falando de que este serían un dos anos con maior participación.

“Temos que volver poñer o salmón no lugar preferente que lle corresponde
como prato protagonista da gastronomía e cociña estradenses”, sinalou Óscar Durán, concelleiro de Promoción Económica, sobre un ano que considerou como o “renacer” da festa.

Os locais participantes contarán con venta anticipada, podendo recoller os tickets – que non terán o nome do establecemento, polo que servirán para calquera – para recoller as racións de comida.

Abrindo boca

Os días 9, 10 e 11 de maio terán lugar as xornadas de tapeo de salmón. Participarán 22 establecementos e as tapas custarán tres euros.

Non será a única actividade, pois o Concello está traballando para que a fin de semana das Letras Galegas e do Salmón conte cunha ampla oferta cultural. Unha das xa confirmadas é o concerto de Treixadura o sábado 17.


Imaxe de portada: Unha das tapas da pasada edición // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario