Representación de “Golpes” no García Barros

Representación de “Golpes” no García Barros

O IES Manuel García Barros acolleu este xoves a representación de Golpes, unha obra de denuncia dos comportamentos machistas protagonizada por Estíbaliz Veiga e dirixida por Xosé Leis.

Neste acto estiveron José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Roberto Barba, director xeral de Loita contra a violencia de xénero e Amalia Goldar, concelleira de Igualdade e Educación.

“A cultura é unha ferramenta que se ten demostrado válida e eficaz contra a intolerancia, o sexismo, a violencia ou outros comportamentos sociais inaceptables a erradicar”, asegurou López Campos. O antigo alcalde da Estrad considerou “máis que necesaria e axeitada” este tipo de representacións que lle dan visibilidade “a problemas tan importante e tan sensibles, como é, neste caso, a violencia sexista”.

De esquerda a dereita, Amalia Goldar, Roberto Barba e José López Campos // Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Comentou que a través da cultura pódese “inocular na nosa xuventude que as relacións, sexan de parella, amizade, laborais ou de convivencia social, só poden estar baseadas na igualdade e no respecto”.


Imaxe de portada: Representación de Golpes no IES Manuel García Barros // Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Comentarios

Deixar un comentario