Lembran cando, como e onde foi a primeira vez que expediron o seu DNI? Pois ben, Alma, de 7 anos de idade, posiblemente si que o faga, xa que foi a primeira estradense en expedilo na unidade móbil da Policía Nacional. Fíxoo acompañada polo alcalde Gonzalo Louzao, polo xefe provincial da Policía Nacional, Juan José Díaz e polo xefe da Policía Local, Javier García.
Esta unidade visitará A Estrada dúas veces ao mes, xeralmente os mércores, atendendo ata 30 citas para renovar ou expedir o pasaporte ou o DNI cada día. A cita poderá solicitarse acheándose ata a Policía Local ou chamando ao 986 570 898.
A unidade móbil instalaráse na Praza do Concello en horario de 9.00 a 14.00h. As vindeiras visitas serán o 8 e o 23 de maio.
Imaxe de portada: Alma mostra o seu primeiro DNI // Concello da Estrada


Deixar un comentario