O alcalde da Estrada Gonzalo Louzao trasladouse na mañá deste mércores ao Monte do Gozo (Santiago de Compostela) para asistir ao acto de entrega de novos vehículos aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES). Nesta entrega incluíuse unha Bomba Rural Pesada (BRP) que se incorporará ao parque móbil de Emerxencias A Estrada.
Próximamente será presentada na Estrada polo mandatario estradense e polo director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva.
Imaxe de portada: presentación dos novos vehículos // cedida


Deixar un comentario