Os aseos públicos do Campo da Feira foron vítimas de actos vandálicos. Na mañá deste mércores os servizos de limpeza atoparon o pé do lavabo esnaquizado no extremo contrario das dependencias. Ademais, os vándalos manipularon e arrancaron parte da fontanería dos sanitarios.
A Policía Local foi informada deste suceso e presentouse no lugar para recabar información. Estes baños ábrense cando teñen lugar eventos na Feira, polo que coincidiron cunha das xornadas feirais.
Esta situación non é exclusiva destes aseos, pois os da alameda tamén son vítimas destes actos incívicos.
Imaxe de portada Estado dos aseos // cedida

Deixar un comentario