A Estrada e Medio Rural colaborarán na recuperación da terra agraria

A Estrada e Medio Rural colaborarán na recuperación da terra agraria

Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada e Paz Rodríguez, directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento, mantiveron no mediodía deste xoves unha reunión na que abordaron a posibilidade de establecer diferentes vías de colaboración a prol do rural estradense.

Avaliaron diferentes instrumentos que se poderían empregar para recuperar os terreos agrícolas do municipio, concretamente as permutas privadas como método de mobilización dos terreos agroforestais mediante o acordo entre particulares.


Imaxe de portada: Louzao e Rodríguez na reunión // cedida

Comentarios

Deixar un comentario