Este domingo Cereixo celebrará as súas festas patronais cunha xornada cargada de eventos.
Desde as 9.30h haberá misas cada media hora, sendo a das 13.00h solemne. Pola tarde oficiaráse outra misa ás 19.00h. Ás 10.00h comezará a VI Ruta Cabalar do San Xorxe e, ao longo da mañá, haberá un pasarrúas e un concerto a cargo da Banda Municipal. Ás 11.30h o concerto correrá a cargo do grupo de acordeóns Os Lóstregos, dos coros parroquiais e de Marietta.
Ás 14.00h será a procesión e a bendición de animais para, máis tarde, comezar o xantar popular. E para despedir a xornada festiva por todo o alto, ás 17.00h comezará a sesión de tardeo a cargo de Gran Parada e de Panorama City, a filial da Panorama, que inaugurará a súa xira.
Isto non suporá o final das festas en Cereixo. O domingo 4 de maio celebraráse a Nosa Señora das Angustias cunha misa rezada ás 12.00h e o concerto da Banda de Música a Lira de Prado unha hora máis tarde. O 11 de maio ás 12.00h oficiaráse unha misa pola Nosa Señora do Belén.


Deixar un comentario