O IGE realizará unha enquisa en varias vivendas estradenses

O IGE realizará unha enquisa en varias vivendas estradenses

O concello da Estrada foi seleccionado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) para realizar a Enquisa estrutural a fogares. Varias vivendas recibirán unha carta informando de que foron seleccionados e do obxectivo da enquisa. Posteriormente, o persoal enquisador, debidamente identificado, achegaráse ata o fogar para cubrir o cuestionario, que contará con preguntas sobre ingresos e gastos do fogar, o nivel de estudos ou a situación laboral
dos membros da unidade familiar, entre outras cuestións.

Esta é unha enquisa de carácter oficial e, tal e como aparece recollido na Lei 6/2024 de Estatística de Galicia, os seleccionados teñen a obriga legal de participar. As respostas servirán para mellorar servizos públicos como a sanidade, a educación, a vivenda ou a atención social.

Para aqueles seleccionados que poidan ter dúbidas, habilitouse o teléfono gratuíto 900 102 104, no que o IGE ponse ao seu dispor.

Comentarios

Deixar un comentario