A Estrada acollerá o Campionato Galego de Centros Penitenciarios

A Estrada acollerá o Campionato Galego de Centros Penitenciarios

Este martes os equipos de fútbol dos centros penitenciarios de Teixeiro, A Lama, Monterroso, Bonxe e Pereiro de Aguiar enfrontaránse nun campionato autonómico que se celebrará no Novo Municipal. Competirán por seleccións de centros, por sistema de eliminatorias, do que sairá un campión autonómico que competirá na Fase Nacional.

Esta iniciativa desenvólvese en 40 centros penitenciarios do Estado grazas á colaboración da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e de Instituciones Penitenciarias. A Estrada é a sede da fase autonómica por segundo ano consecutivo.


Imaxe de portada: edición pasada, con Teixeiro celebrando o título // cedida

Comentarios

Deixar un comentario