O 20 e 21 de xuño celebraráse a segunda edición do A Fume de Carozo. Unha das actividades que se levará a cabo será o pintado con graffiti dun mural de temática conxunta sobre a natureza. Será na Rúa 25 de Xullo, nas proximidades da Feira.
As inscricións xa están abertas e pódense facer enviando unha mensaxe a través de Instagram á conta @afumedecarozo_jam. Nela indicaráse o alcume do participante, enviaráse algunha imaxe de traballos ou murais feitos e indicar se se prefire que o mural sexa de letras ou doutro tipo de temáticas. Despois, a organización fará unha selección entre os candidatos e candidatas.

Deixar un comentario