Traballadores da firma Geseco realizaron durante a tarde do xoves e a mañá do venres labores de limpeza na Praza da Constitución, tras completar os traballos na alameda. No caso desta praza, comezouse polos soportais do Concello, onde se limpou o chan de pedra e os bancos e continuouse polo formigonado existente na maior parte do espazo.
Estas melloras permitirán ter a praza lista para as próximas festividades que terán lugar nela, como poden ser os actos polo Día das Letras Galegas, a Festa do Salmón, a Feira da Sidra e o San Paio.
Imaxe de portada: labores de limpeza // cedida

Deixar un comentario