San Xurxo de Vea estrea a Pancetada

San Xurxo de Vea estrea a Pancetada

San Xurxo de Vea celebra esta fin de semana as súas festas patronais.

Este sábado oficiaráse unha misa solemne ás 13.00h, á que seguirá a sesión vermú con Rubí. Á noite, proxectaráse o partido da final da Copa do Rei, que enfrenta ao Real Madrid e ao Barcelona e, despois, comezará a verbena con Rubí e Mar de Arousa. Ás 23.00h arrancará a primeira Pancetada, con racións por 1 euro.

O domingo os actos litúrxicos terán lugar ás 13.30h e, a posteriori, a Asociación Cultural Os Pereiriños amenizará a sesión vermú.

Comentarios

Deixar un comentario