Xoán Reices: “para nós non mudou moito a situación”

Xoán Reices: “para nós non mudou moito a situación”

Con motivo do primeiro ano de Gonzalo Louzao como alcalde da Estrada, Xornal da Estrada publicou o pasado domingo un especial no que se entrevistaba ao mandatario e aos tres líderes da oposición.

Xoán Reices, voceiro do BNG, comentou que “para nós non mudou moito a situación. Pensamos que é unha situación continuísta, que o PP sigue instalado na política para a galería”.

“Eles siguen improvisando, como improvisaron coa peonalización, todos sabemos os problemas que trouxo”, explicou.

Para el o peor que se fixo é a xestión dos Servizos Sociais, especialmente o SAF con “todo o tema dos traballadores, o contrato e coa lista de agarda”. Aínda que para completar o top 3 asegurou ter “apuntadas moitas cousas”, salientou os “problemas do rural”, no que faltan servizos e “o goberno non ten ningún tipo de proxecto” e os problemas relacionados co lixo, cos verquidos ilegais e a recollida.

Amais, quixo salientar que “hai un pouco de falta de respeto á oposición no sentido de darlle información sobre temas importantes moi tarde”.

E como sempre hai algo que se fai ben, destacou que “os plenos son moito máis respetuosos”, que Louzao “é unha persoa que está disposta a reunirse, a escoitar” e o referendo sobre a Farola.


Imaxe de portada: Xoán Reices // cedida

Comentarios

Deixar un comentario